CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1616 horas no centro educativo e 384 horas en centros de traballo)
Descrición
  • A competencia xeral consiste en procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico – legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.
Contidos
  • Xestión de mostras biolóxicas
  • Técnicas xerais de laboratorio
  • Bioloxía molecular e citoxenética
  • Fisiopatoloxía xeral
  • Formación e orientación laboral
  • Necropsias
  • Procesamento citolóxico e tisular
  • Citoloxías xinecolóxicas
  • Citoloxía xeral
  • Empresa e iniciativa emprendedora
  • Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico
  • Formación en centros de traballo
Este ciclo capacita para:

Exercer a súa actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Citotécnico
  • Axudante de forense
  • Prosector/a de autopsias clínicas e médico – legais
  • Tanatopractor/a
  • Colaborador/a e asistente en bioloxía molecular
  • Colaborador/a e asistente de investigación.
  • Para a reserva da praza aboaranse 150€
Máis información