20 Mar 2018
OFERTA EMPREGO. GRADUADO/A EN ENFERMARÍA

Búscase profesional para tarefas de dirección en Residencias de Maiores na comarca de Santiago de Compostela Requírese: – Grao ou Diplomatura en Enfermaría – Valorarase positivamente a experiencia no sector Os/as interesados/as deben enviar o seu CV por correo electrónico a xestion@fesan.org.

24 Feb 2017
ENTROIDO 2017 NO CPR FESAN

O venres celebrouse o entroido no CPR FESAN cun concurso de comparsas no que participou o alumnado de todos os ciclos de formación profesional que se imparten neste centro. O premio á mellor comparsa foi para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil, disfrazados de personaxes de Tim Burton.

13 Feb 2017
FESAN construirá en Brión unha residencia para maiores que estará en funcionamento no 2019

O alcalde de Brión, José Luís García, e o presidente da Fundación de Estudos e Análises, FESAN, Manuel Rodríguez Sedano, asistiron en Brión á colocación da primeira pedra dunha nova residencia de atención a persoas maiores.   http://lindeiros.gal/fesan-brion-residencia-maiores/ https://www.alimarket.es/noticia/233831/fundacion-fesan-promueve-una-nueva-residencia-de-mayores-en-brion      

09 Feb 2017
FESAN ABRE UNHA RESIDENCIA DE MAIORES EN BRIÓN

O Presidente da Fundación de Estudios e Análises, Manuel Rodríguez Sedano, á esquerda na foto, acudiu esta mañá no Concello de Brión, ao acto de colocación da primeira pedra da nova residencia de atención a persoas maiores que vai estar localizada neste municipio. Neste acto, Manuel Rodríguez estivo acompañado do Alcalde de Brión, Jose Luís…

06 Mai 2015
CHARLA @S ALUMN@S DO CPR FESAN II DA ASOCIACIÓN SINDROME DE DOWN DE LUGO

Representantes da Asociación Síndrome de Down de Lugo visitaron esta mañá @s alumn@s do CPR FESAN II. Iria a coordinadora da asociación e Isabel, unha moza de 20 años con síndrome de Down, explicaron todo o que realizan na asociación, como é o seu día a día, ademáis das axudas para a súa incorporación ao mundo laboral. .

01 Mai 2015
Maio, mes da ciencia no CPR FESAN

O mes de maio dedicarase ao mes da ciencia. Así, celebraranse no centro diferentes charlas, actividades prácticas, saídas, etc. dirixidas aos alumnos/as da Familia Profesional de Sanidade.

29 Abr 2015
Día da Nai

As/os alumn@s do CS de Educación Infantil de 2º do CPR FESAN de Lugo, diseñaron e crearon unha tarxeta de felicitación para as súas nais, para regalarlle o próximo domingo. PARABÉNS A TODAS AS NAIS!!

06 Abr 2015
OBRADOIROS DE EXPRESIÓN PLÁSTICA NO CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

No curso de Monitor de Tempo Libre que finalizou o 27 de marzo, fixéronse obradoiros de expresión plástica na que os alumnos/as aprenderon a realizar piñatas, monicreques, decorado de camisetas e outros obradoiros creativos. Xunto con estes obradoiros, realízanse outras actividades que fan que o alumnado do curso saia preparado para a monitoraxe con diferentes…

31 Mar 2015
CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO NO CPR FESAN DE SANTIAGO

As alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiron unha charla sobre cómo crear a súa propia Escuela Infantil. A charla foi impartida por Carmen Santoro , directora da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns que lles explicou a súa experiencia e cómo chegou a crear a Escola Infantil.