06 Mai 2015
CHARLA @S ALUMN@S DO CPR FESAN II DA ASOCIACIÓN SINDROME DE DOWN DE LUGO

Representantes da Asociación Síndrome de Down de Lugo visitaron esta mañá @s alumn@s do CPR FESAN II. Iria a coordinadora da asociación e Isabel, unha moza de 20 años con síndrome de Down, explicaron todo o que realizan na asociación, como é o seu día a día, ademáis das axudas para a súa incorporación ao mundo laboral. .

01 Mai 2015
Maio, mes da ciencia no CPR FESAN

O mes de maio dedicarase ao mes da ciencia. Así, celebraranse no centro diferentes charlas, actividades prácticas, saídas, etc. dirixidas aos alumnos/as da Familia Profesional de Sanidade.

29 Abr 2015
Día da Nai

As/os alumn@s do CS de Educación Infantil de 2º do CPR FESAN de Lugo, diseñaron e crearon unha tarxeta de felicitación para as súas nais, para regalarlle o próximo domingo. PARABÉNS A TODAS AS NAIS!!

06 Abr 2015
OBRADOIROS DE EXPRESIÓN PLÁSTICA NO CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

No curso de Monitor de Tempo Libre que finalizou o 27 de marzo, fixéronse obradoiros de expresión plástica na que os alumnos/as aprenderon a realizar piñatas, monicreques, decorado de camisetas e outros obradoiros creativos. Xunto con estes obradoiros, realízanse outras actividades que fan que o alumnado do curso saia preparado para a monitoraxe con diferentes…

31 Mar 2015
CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO NO CPR FESAN DE SANTIAGO

As alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiron unha charla sobre cómo crear a súa propia Escuela Infantil. A charla foi impartida por Carmen Santoro , directora da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns que lles explicou a súa experiencia e cómo chegou a crear a Escola Infantil.  

24 Mar 2015
CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS DE ACCESO AO CORPO DE INSPECTORES DE EDUCACIÓN E DE MESTRES

O 18 de marzo saiu publicada no DOG a convocatoria de oposicións para o ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. Podes consultar a publicación no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150318/AnuncioG0164-110315-0001_gl.pdf

16 Mar 2015
CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

Hoxe saiu publicado no DOG, a resolución da Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e nivel 3. Podes consultar a resolución no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioCA05-050315-0008_gl.pdf

16 Feb 2015
ENTROIDO 2015 NO CPR FESAN

O venres celebrouse o entroido no CPR FESAN cun concurso de comparsas na que participaron todos o ciclos. Os gañadores foron os membros do CS de Educación Infantil de 2º que ían disfrazadas do “Dragón Rei”.

05 Feb 2015
OS ALUMNOS DOS CS DE ANATOMÍA PATOLÓXICA E LABORATORIO VISITAN AS INSTALACIÓNS DO CIMUS

O pasado xoves, os alumnos dos ciclos formativos de Anotamía Patolóxica e Citoloxía e de Laboratorio de Diagnóstico clínico, visitaron as instalacións do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) de Santiago de Compostela. Os alumnos, que foron acompañados de dúas das súas docentes, estiveron con 3 grupos de investigación, o…