Introdución

Neste texto legal o usuario poderá atopar a información que lle permitirá identificar ao responsable do sitio web www.fesan.org así como a información relativa á páxina e ás actividades desenvoltas pola fundación.

Identificación do responsable da páxina web

De acordo co indicado na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSICE), poñemos a seguinte información a disposición do usuario do sitio web:

  • Identidade do responsable: FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES
  • Nome comercial: FESAN
  • CIF: G-15597669
  • Dirección social: Rúa de Amio, 114 (Parque Empresarial Costa Vella) – 15707 – Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Correo electrónico: info@fesan.org
  • Actividade desenvolta: impartición de cursos de formación, xestión de residencias da terceira idade e de escolas infantís
  • Inscripción no Rexistro de Fundacións de Santiago de Compostela: 182

Datos personales recollidos na web

Respecto á información sobre a política de protección de datos persoais aplicada pola entidade responsable da web, os usuarios poden consultar esta información na Política de Privacidade.

Compromisos e obrigacións dos usuarios

O usuario da web queda informado, e acepta, que o sinxelo acceso á presente páxina web non supón de ningún modo o inicio dunha relación comercial entre o usuario e a FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (en adiante FESAN). De acordo co indicado, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen vulnerar a lexislación vixente aplicable, a boa fe e o orde público.

Queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou lesivos, o que de calquera xeito poda causar danos ou impedir o normal funcionamento do sitio web. Respecto dos contidos da web se prohibe concretamente:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, total ou parcial, ao menos que se conte coa autorización da entidade como lexítimo titular
  • Calquera vulneración dos dereitos da entidade como lexítimo titular
  • A súa utilización para fins comerciais ou publicitarios

Na utilización da web www.fesan.org, o usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que poida ferir a imaxe, os intereses e os dereitos de FESAN ou de terceiros, ou que poida ferir, inutilizar ou sobrecargar o portal www.fesan.org ou que impida, de calquera forma, o normal utilización da web.

O usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son completamente fiables e que www.fesan.org non pode garantir a inexistencia de malware ou outros elementos na rede que podan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos nos mesmos, aínda que a entidade dispuxo os medios precisos e as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos prexudiciais.

Medidas de seguridade

Os datos persoais que poidan ser comunicados polo usuario do sitio a FESAN poderían ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa utilidade corresponde en exclusiva a FESAN, que ha asumido tódalas medidas de natureza técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas e de acordo co indicado na normativa vixente aplicable en materia de protección de datos.

A comunicación entre os usuarios e www.fesan.org utiliza un canal seguro, e os datos transmitidos son cifrados grazas a protocolos https. Asegúranse polo tanto, as mellores condicións de seguridade para que a confidencialidade dos usuarios estea garantida.

Plataforma para a resolución de conflictos

A entidade pon a disposición dos usuarios a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea e que se atopa dispoñible no seguinte enlace: https://ec.europa.eu/consumers/odr/.

Enlaces externos

A páxina www.fesan.org podería proporcionar enlaces a outros sitios, páxinas web, canais, redes sociais e contidos que podan ser propiedade de terceiros ou a outros sitios web propiedade da entidade. O único obxectivo de estes enlaces a outros sitios, páxinas, canais ou redes sociais é proporcionar unha utilidade ao usuario cunha finalidade exclusivamente informativa, e a posibilidade de acceder aos perfís profesionais que poida ter a entidade nas redes sociais, no caso dos enlaces ás mesmas habilitados na web, ou de acceder a outros sitios web xestionados pola entidade. FESAN non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que se poidan derivar para o usuario con motivo do acceso aos enlaces externos referentes cando os sitios accedidos sexan xestionados por terceiros. A información que se poida proporcionar nos enlaces indicados está suxeita ás políticas de privacidade específicas que se utilicen en ditos sitios web, redes sociais e canais, e non está suxeita á política de privacidade deste sitio web. Por esta razón recomendamos ao usuario que para máis información revise detalladamente as políticas de privacidade propias e específicas das redes, canais e sitios web enlazados.

Calquera enlace doutros sitios con esta páxina web, requirirá da autorización expresa e formal previa do titular e propietario do portal www.fesan.org.

Exclusión de garantías e responsabilidade

FESAN non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan vir causados por:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da páxina web, ou dos seus servizos e contidos debidos a interferencias, interrupcións, fallos, omisións, retrasos, bloqueos ou desconexións causados polos fallos nas liñas e redes de telecomunicacións ou por calquera outra causa allea ao control de FESAN
  • A existencia de malware, programas maliciosos ou lesivos dos contidos
  • O uso ilícito, indebido, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web
  • Erros de seguridade ou de navegación provocados por un mal funcionamento do navegador do usuario ou polo uso de versións non actualizadas
  • O prestador non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos que puideran emanar en xeral do uso ilegal ou indebido da presente páxina web

A entidade FESAN non é responsable en xeral fronte aos usuarios e fronte a terceiros dos actos de calquera terceiro alleo á fundación que supoña a realización de actos de competencia desleal, publicidade ilícita, a infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, a divulgación de segredos empresariais, a ruptura de compromisos contractuais, ou a vulneración do dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe, os dereitos de propiedade ou de calquera outra natureza.

A entidade FESAN informa que a relación que se poda formalizar cos usuarios a través das vías de contacto dispostas no sitio web é unha relación de carácter privado e igual que a establecida a través das sedes físicas que poida ter a fundación como titular do sitio, e suxeita sempre polo tanto á normativa vixente aplicable.

Lei aplicable e xurisdicción

As relacións entre FESAN e os usuarios dos seus servizos telemáticos presentes nesta web atópanse sometidas con carácter xeral á lexislación e xurisdición españolas e aos tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Para aclarar calquera dúbida ao realizar unha consulta sobre as condicións legais descritas no presente texto os usuarios poden contactar en info@fesan.org.

Aviso Legal actualizado con data de 12 de Abril de 2021