O uso ou visita deste sitio web (http://fesan.org/) implica a aceptación por parte do usuario, visitante ou cliente (en adiante usuario), das condicións de uso que se detallan a continuación, así que rogámoslle que lea atentamente a seguinte información antes de facer uso deste sitio web. Se non acepta os seguintes términos e condicións, rogámoslle que se absteña de utilizar este sitio web e o seu contido.

Obxectivo da web:

Esta web foi deseñada para facilitar ó usuario a información relativa ás actividades, productos e servicios que oferta FESAN: Fundación de Estudios e Análises.

Propiedade intelectual e dereitos:

O dominio fesan.org pertence á Fundación de Estudios e Análises (en adiante FESAN) con CIF G-15597669 inscrito no rexistro de fundacións en Santiago de Compostela, número 182, con domicilio social sito en Rúa de Amio, 114, Parque Empresarial Costa Vella, 15707, Santiago de Compostela, con teléfonos 981 522426 / 981 534020 e email igam@fesan.org.

Autorizacións ó usuario:

Calqueira usuario está autorizado para ver, copiar, imprimir e distribuir os contidos publicados en esta web sempre que cumpra as seguintes condicións:

  1. Queda prohibida a utilización de estes contidos con fins comerciais. Soamente se poderán utilizar con fins informativos.
  2. Non poderán ser modificados de ningunha forma estos contidos.
  3. Non poderá separarse o texto ou imaxes que o acompañan de forma que o seu contido adquira outro sentido distinto do que FESAN pretende expresar no seu contexto orixinal.

Responsabilidades do usuario:

É responsabilidade exclusiva do usuario tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse de ela. FESAN non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perxuicio que poideran derivarse de este acceso ou uso da información.

FESAN pon os medios necesarios para o mantemento da web limpia de virus. Debido ás caraterísticas propias da tecnoloxía e a continua aparición de novos virus e outros elementos dañinos, será responsabilidade do usuario o dispor nos seus equipos dos medios necesarios como software antivirus e/ou firewalls (cortalumes) coa finalidade de garantir a non infección dos seus equipos e programas, do que en ningún caso poderá facerse responsable a FESAN.

Por todo isto, FESAN non asume ningunha responsabilidade polos danos (hardware e software) que poidan causarse nos equipos dos usuarios por posibles virus informáticos contraidos a causa da súa navegación na web, ou por calqueira outros danos derivados de esa navegación.

Modificación de datos e/ou contidos:

FESAN reservase o dereito para modificar en cualqueira momento e sen previo aviso o deseño, presentación e/ou configuración da web, así como algúns ou todos os contidos. Tamén se reserva o dereito de modificar as condicións xerais e/ou condicións particulares requeridas para utilizar os mesmos. Dita información será considerada como simplemente informativa.

Fiabilidade e dispoñibilidade da web:

FESAN non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a inexistencia de interrupcións no acceso ó seu sitio web nin dos seus contidos, polo que a utilización dos mesmos por parte do usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, poidan esixirse responsabilidades a FESAN en este sentido.

Modificación das condicións:

FESAN pode revisar estas condicións en calqueira momento mediante a actualización de esta publicación. Dado o carácter vinculante das mesmas, o usuario debe visitar esta páxina cada certo tempo a fin de revisar as condicións en vigor en cada momento. Os avisos ou termos legais que de forma expresa se indiquen en determinadas páxinas de esta publicación prevalecerán sobre as estipulacións previstas en estas condicións.

Política de protección de datos de carácter persoal:

FESAN recolle algúns datos personais que son introducidos polo usuario libremente en diferentes formularios coa finalidade de poder efectuar peticións de información, consultas, solicitar e contratar diferentes servizos de FESAN. Estos datos son xestionados de forma automatizada para poder prestar os servizos e/ou contestar ás peticións dos propios usuarios, así como para a mellora e ampliación dos contidos e servizos da web.

Os datos recollidos por FESAN nos diferentes formularios da web, son recollidos co coñecemento e consentimento do usuario. Os campos marcados con asterisco (*) nos formularios son de carácter obrigatorio e necesarios para atender a petición ou servizo solicitado polo usuario, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes.

Según a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, FESAN informao de que os datos personales que proporcione serán incorporados a un ficheiro, do cal é titular e cuxa finalidade é manter relacións comerciais ou contractuais coa empresa, tratamento que autoriza.

FESAN reconocelle a posibilidade de exercitar de forma gratuita os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999, mediante escrito dirixido ó Responsable de Seguridade que poderá ser presentado directamente no domicilio da empresa ou remitido por correo certificado a FESAN (Rúa de Amio, 114, Parque Empresarial Costa Vella, 15707,
Santiago de Compostela).

Asimesmo o interesado autoriza a FESAN para que os seus datos sexan utilizados co obxeto de realizarlle comunicacións informativas, comerciais e de promoción da empresa que poderán realizarse por calqueira medio, incluido o correo electrónico.