FESAN a través da Fundación estatal para la Formación en el Empleo – Fundae, ofrece a posibilidade de aproveitar todas as vantaxes da formación bonificada ou de demanda, aproveitando así o crédito do que dispón en base ás cotizacións á Seguridade Social e que se pode deducir das súas cuotas con caracter anual.

En FESAN dende o 2004, actuamos como entidade organizadora e/ou impartidora da formación como entidade inscrita no Servicio Público de Empleo Estatal e na Comunidade Autónoma de Galicia.

No Departamento de Formación Continua Bonificada desenvolvemos plans de formación á carta co obxetivo de mellorar a competitividade das empresas a través de accións formativas que incidan na mellora da cualificación profesional dos traballadores. Relizamos as seguintes actuacións:

  • Diagnóstico / Análises / Detección das necesidades formativas da empresa
  • Deseño plan de formación
  • Presuposto
  • Revisión do plan coa empresa e organización
  • Impartición das accións formativas según obxetivos
  • Trámites e xestión documental para a bonificación do curso
  • Avaliación e seguemento da formación e os sus resultados

A nosa entidade ofrece formación á carta e conta con experiencia na organización e impartición de accións formativas de diversa índole: Certificados de Profesionalidade, Sociosanitaria, Idiomas, Informática, Prevención, Recursos Humanos, Dirección e Administración de Empresas, …

A formación que decidan realizar deNde a súa empresa será totalmente adaptada as súas necesidades, en horas, horarios, datas, contidos, número de asistentes…, de tal forma que a empresa poida planificar a formación tendo en conta as súas necesidades formativas, a carga de traballo, etc…

O responsable do tratamento é FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (FESAN), e tratará os datos coa finalidade de xestionar as solicitudes de información recibidas e en base ao consentimento do usuario para o tratamento dos seus datos. Os datos serán usados internamente e sen realizar cesións a terceiros. Os interesados poderán exercitar os seus dereitos respecto de os seus datos e solicitar información adicional sobre a política de protección de datos aplicada pola fundación en info@fesan.org ou consultando a Política de Privacidade do sitio web. Os interesados poderán presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente en www.agpd.es no caso de que entendan que se puideron vulnerar os seus dereitos.
captcha