16 Mai 2017
MANUEL RODRÍGUEZ SEDANO ASISTE EN SERVISENIOR SANTIAGO Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “CADROS DE RAIZAME”

Trátase dun poemario do escritor Camilo Cao Martínez e está dedicado á contorna, ao amor e aos sentimentos.  Santiago, 16 de maio de 2017  A residencia de persoas maiores SERVISENIOR SANTIAGO de FESAN, acolleu esta tarde a presentación do libro “Cadros de Raizame” de Camilo Cao Martínez, natural de Celanova e un dos residentes de Servisenior Santiago. Neste acto o autor estivo acompañado de Manuel Rodríguez Sedano, Presidente de FESAN,…

24 Feb 2017
ENTROIDO 2017 NO CPR FESAN

O venres celebrouse o entroido no CPR FESAN cun concurso de comparsas no que participou o alumnado de todos os ciclos de formación profesional que se imparten neste centro. O premio á mellor comparsa foi para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil, disfrazados de personaxes de Tim Burton.

06 Mai 2015
CHARLA @S ALUMN@S DO CPR FESAN II DA ASOCIACIÓN SINDROME DE DOWN DE LUGO

Representantes da Asociación Síndrome de Down de Lugo visitaron esta mañá @s alumn@s do CPR FESAN II. Iria a coordinadora da asociación e Isabel, unha moza de 20 años con síndrome de Down, explicaron todo o que realizan na asociación, como é o seu día a día, ademáis das axudas para a súa incorporación ao mundo laboral. .

01 Mai 2015
Maio, mes da ciencia no CPR FESAN

O mes de maio dedicarase ao mes da ciencia. Así, celebraranse no centro diferentes charlas, actividades prácticas, saídas, etc. dirixidas aos alumnos/as da Familia Profesional de Sanidade.

29 Abr 2015
Día da Nai

As/os alumn@s do CS de Educación Infantil de 2º do CPR FESAN de Lugo, diseñaron e crearon unha tarxeta de felicitación para as súas nais, para regalarlle o próximo domingo. PARABÉNS A TODAS AS NAIS!!

31 Mar 2015
CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO NO CPR FESAN DE SANTIAGO

As alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiron unha charla sobre cómo crear a súa propia Escuela Infantil. A charla foi impartida por Carmen Santoro , directora da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns que lles explicou a súa experiencia e cómo chegou a crear a Escola Infantil.  

31 Mar 2015
REPRESENTACIÓN D@S ALUMN@S DE 2º DE INFANTIL NA PLANTA DE PEDIATRÍA DO HOSPITAL LUCUS AUGUSTI

Os alumn@s do CS de Educación Infantil de 2º do CPR FESAN de Lugo, fixeron unha visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti donde interpretaron os contos adaptados a infantil sobre os dereitos dos nenos. O primeiro titulábase “ A nena sen nome” e  o segundo “ Nin lilas nin laranxas”. O primeiro defende o dereito de todo neno/a a ter identidade propia e o segundo trata sobre a igualdade de…

16 Feb 2015
ENTROIDO 2015 NO CPR FESAN

O venres celebrouse o entroido no CPR FESAN cun concurso de comparsas na que participaron todos o ciclos. Os gañadores foron os membros do CS de Educación Infantil de 2º que ían disfrazadas do “Dragón Rei”.

05 Feb 2015
OS ALUMNOS DOS CS DE ANATOMÍA PATOLÓXICA E LABORATORIO VISITAN AS INSTALACIÓNS DO CIMUS

O pasado xoves, os alumnos dos ciclos formativos de Anotamía Patolóxica e Citoloxía e de Laboratorio de Diagnóstico clínico, visitaron as instalacións do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) de Santiago de Compostela. Os alumnos, que foron acompañados de dúas das súas docentes, estiveron con 3 grupos de investigación, o que lles permitiu ver o traballo que poderían realizar como técnicos ao finalizar o ciclo….

29 Dec 2014
OS ALUMN@S DO CPR FESAN II DE LUGO VISITAN OS NEN@S DA PLANTA DE PEDIATRÍA DO HULA

O alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil de Lugo, visitaron o xoves 18 de decembro a planta de pediatría do HULA donde, gracias á colaboración do servizo de humanización do propio hospital, abríronnos as portas para poder participar da súa programación de actividades para o nadal. Así, levamos a cabo uns teatrillos de contos clásicos como os dos “tres porquiños” e “pinocho” con modificacións máis modernas. Tanto…

02 Dec 2014
CHARLA DE PROTECCIÓN DE DATOS PARA OS ALUMN@S DO CPR FESAN

A semana pasada celebráronse no CPR FESAN dúas charlas sobre a proteción de datos, unha para os alumn@s da rama de servizos socioculturais e á comunidade e outra para os alumn@s da rama de sanidade. Esta charla, que foi impartida por David Villaverde, xerente de Versiongalega, incidiu na importancia da protección de datos tanto de cara ao futuro laboral dos alumn@s como no que respecta ao período de FCT.