MANUEL RODRÍGUEZ SEDANO PRESENTA XUNTO COAS DIRECTORAS DAS RESIDENCIAS DE MAIORES DE ORDES E SANTIAGO O NOVO BOLETÍN DE NOVAS

FESAN lanza esta nova iniciativa que pretende poñer en valor a vida e a sabiduría dos nosos maiores e incrementar a información e a participación das familias.

Dende FESAN temos o pracer de anunciarvos que a partires do vindeiro mes de xullo lanzamos un Boletín de novas de periodicidade semestral para manterte mellor informado sobre a actividade que os/as nosos maiores e profesionais desenvolven nas residencias que xestionamos en Santiago de Compostela e Ordes.

Este difundirase en formato electrónico e papel e conta cunha dobre finalidade, a principal será seguir contribuíndo e ser cada vez máis esixentes coa importancia que o envellecemento activo ten para a independencia e a saúde dos nosos maiores, logrando que sexan protagonistas e poñendo en valor as actividades que cada día desenvolven nos nosos centros. A outra finalidade é unha ferramenta informativa tanto para as persoas maiores coma para as familias, recollendo as últimas novidades acontecidas nas residencias, coñecendo mais ás persoas que conviven e traballan nestes centros e accedendo ás recomendacións do equipo sanitario nos ámbitos da saúde, o exercicio físico ou alimentación.

Esperamos que este novo boletín sexa un referente para seguir motivando ás persoas maiores, profesionais e familias a seguir impulsando novas iniciativas e participar conxuntamente en actividades que non só contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores senón, tamén, das propias familias.

Invitámoste a que consultes o noso boletín a través das páxinas web: http://www.fesan.org/ e http://www.servisenior.org/ ou solicitando un exemplar en papel en calquera das residencias do Grupo Servisenior.      BOLETIN TILOS