A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas en FESAN (2019).

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas acollidas ao programa de Garantía Xuvenil na Fundación de Estudios e Analises – FESAN en Santiago de Compostela.

Esta axuda está cofinanciada en un 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cartel(POEX), Eixe prioritario 5, Prioridade de Inversión 8,2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

A denominación do servicio é “A influencia xeracional na conciencia co medio ambiente e a sostebilidade”. O obxectivo xeral deste servizo será analizar a influencia que existe, en base á idade da poboación, en relación ao coidado e respeto do medio ambiente, deseñando un diagnóstico de sostenibilidade e da situación medioambiental actual, co fin de crear estratexias que fomenten o cambio de hábitos e comportamentos inadecuados, indagando sobre os coñecementos, actitudes, valores e comportamentos da poboación.

As accións a desenvolver tras unha análise previa de diagnóstico dos sectores e as súas necesidades serán: levar a cabo actuacións de información, en base a encontros entre profesionais do sector sobre distintas temáticas vinculadas á sostenibilidade e conciencia ambiental. Así mesmo, potenciaranse novos servizos para cubrir as necesidades detectadas, informando das posibilidades que ofrece unha perspectiva integral que favoreza o coidado do medio ambiente e a sensibilización sobre a sostibilidade.

Ao tempo, as traballadoras contratadas para tal fin, terán a oportunidade de ampliar o seu expediente formativo xa que serán dotadas dos instrumentos precisos para ampliar a súa formación técnica e mellorar así as súas posibilidades futuras de insercción laboral.

A aportación económica, emplearáse para sufragar os costes salariais dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas.

LOGO MINISTERIO          ueFESAN en color sobre fondo blanco


A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas en FESAN (2018).

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas acollidas ao programa de Garantía Xuvenil na Fundación de Estudios e Analises – FESAN en Santiago de Compostela.

IMG_20190422_105235

Esta axuda está cofinanciada en un 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), Eixe prioritario 5, Prioridade de Inversión 8,2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

A denominación do servicio é “A sensibilización dos encontros interxeracionais e os seus beneficios”. O obxectivo xeral deste servizo será deseñar un programa de actividades que posibilite experiencias de relación e cooperación entre persoas maiores de 65 anos e menores de 6 anos, orientadas a favorecer a transmisión e o intercambio de coñecementos, competencias e valores, así como permita coñecer as necesidades dos usuarios e usuarias e o futuro do sector, tendo en conta as novas tendencias e servizos e recursos xa postos en marcha noutros territorios.

As accións a desenvolver tras unha análise previa de diagnóstico dos sectores e as súas necesidades serán: difusión e estímulo a través de encontros de profesionais nos que se tratarán diversas temáticas vinculadas á dinamización e futuro do sector, deseño e posta en marcha de accións formativas específicas dirixidas aos propios maiores e aos nenos e nenas, deseño e proposta de novos proxectos empresariais e avaliación do proxecto.

A aportación económica, emplearáse para sufragar os costes salariais dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas.

gobierno_de_espanaueFESAN en color sobre fondo blanco


Accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301U).

Denominación e descripción das accións formativas cofinanciadas polo FSE e con cargo ao Programa operativo de garantía xuvenil.

SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. (398 horas)
Lugar de Impartición: Rua de Amio, 114 Parque Empresarial Costa Vella 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Código de centro: 1504029

Descargar máis información

ADGD0108 XESTIÓN CONTABLE E XESTIÓN ADMINISTRATIVA PARA AUDITORIA (708 horas)
Lugar de Impartición: Rua C, nº 38 baixo, 36500 Lalin (Pontevedra)
Código de centro: 3601329

Descargar máis información

Accións formativas cofinanciadas polo FSE con cargo ao Programa operativo de garantía xuvenil e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
galicia


A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas en FESAN (2017).

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de duas persoas desempregadas acollidas ao programa de Garantía Xuvenil na Fundación de Estudios e Analises – FESAN en Santiago de Compostela.

foto_programa_web

Esta axuda está cofinanciada en un 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de Inversión 8,2, Obxectivo  específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

A denominación do servicio é “A dinamización e o futuro dos recursos e servizos de atención á persoas maiores”. O obxectivo xeral deste servizo será deseñar un programa de actividades que permita coñecer a situación actual do sector de atención ás persoas maiores e os servizos que ofrece, así como as necesidades dos usuarios e usuarias e o futuro do sector, tendo en conta as novas tendencias e servizos e recursos xa postos en marcha en outros territorios, con especial incidencia nos enfoques de envellecimiento activo, perspectiva integral e innovación.

As accións a desenvolver tras unha análise previa de diagnóstico do sector e as suas necesidades serán: difusión do estímulo a través de encontros de profesionais nos que se trataran diversas temáticas vinculadas á dinamización e futuro do sector, deseño e posta en marcha de accións formativas específicas dirixidas aos propios maiores e a los coidadores, deseño e proposta de novos proxectos empresariais e avaliación do proxecto.

A aportación económica, emplearáse para sufragar os costes salariais dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas.

gobierno_de_espanaunion_europeaFESAN en color sobre fondo blanco