04 Dec 2019
NA RESIDENCIA SERVISENIOR SANTIAGO PREPARÁMONOS PARA RECIBIR O NADAL

Para a chegada do Nadal, no centro de Servisenior Santiago os nosos usuarios e usuarias estiveron realizando obradoiros de decoración navideña para decorar o noso centro; obradoiros de coidado persoal para estar aínda máis guapos nestas datas; estimulación congnitiva e ocio en grupo.

03 Dec 2019
ESCOLA INFANTIL DE PONTEDEUME

Os nenos e nenas da Escola Infantil de Pontedeume experimentan ca froita e pintan sobre lienzos transparentes

29 Nov 2019
A RESIDENCIA SERVISENIOR DE ORDES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO 

Durante esta tempada na Residencia Servisenior de Ordes os usuarios/as estiveron a realizar diversas actividades relacionadas co outono. Foron moitas e diversas as actividades elaboradas no noso centro dende que iniciamos esta estación. Unha das primeiras actividades realizadas polos usuarios/as da residencia foi a creación dun boneco realizado con espigas de millo tras o seu…

26 Nov 2019
ACTIVIDADES DAS ESCOLAS INFANTÍS DE NARÓN

En colaboración coas familias celebramos o Samaín Vimos o outono a través da mesa de luz Os máis cativos experimentan e descubren o mundo O 25 de novembro elaboramos un gran mural en contra da violencia de xénero  

20 Nov 2019
FESAN tamén celebra o “DÍA DO PIXAMA”

20 de Novembro. Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena. O 20 de novembro celébrase o día da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena. Con tal motivo, dende a Asociación Estatal de Acollemento Familiar (ASEAF) preténdese dar visibilidade a esos máis de 14.000 nenos e nenas sitos en España que…

30 Out 2019
A ESCOLA INFANTIL DE PONTECESURES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO

Para traballar o outono pedimos axuda as familias dos nenos e nenas da nosa escola, trouxeron unha foto do cativos/as cunha paisaxe de outono. Despois os pequenos/as pegaron follas troqueladas facendo un marco, e … Así de bonito nos quedaron!!

22 Mai 2019
10º ANIVERSARIO SERVISENIOR SANTIAGO

Onte pola tarde a Residencia Servisenior Santiago celebrou o seu 10º aniversario. Os nosos maiores e as súas familias, tanto actuais como as que pertenceron á mesma durante estes dez anos, desfrutaron xunto co persoal do centro dunha tarde moi especial con motivo desta cebración.