Cursos

Administración de alimentos e recollida de eliminacións en institucións

  • Modalidade: Online
  • Duración: 30 horas
  • Tipo de curso: Monográficos sociosanitaria
O obxectivo principial do curso é describir as principais características anatomofisiolóxicas e patolóxicas do aparato endocrino e dixestivo e as técnicas de administración de alimentos por vía oral así como as situacións de apoio á inxesta.Modalidade
OnlineDuración
30 horas

Modalidade

• Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están á súa disposición. Ademáis deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a evaluación do curso.
• O diploma poderá recollerse na instalación de FESAN, nun plazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto

• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

1. Evolución do metabolismo no ciclo vital
2. Principios anatomofisiolóxicos dos sistemas dixestivo e endocrino. Patoloxías relacionadas
3. Comprobación de follas de dieta
3.1. Dietas e menús de institucións sociosanitarias
3.2. Menús en patoloxías especiais

4. Alimentación por vía oral
4.1. Axudas técnicas para a inxesta
4.2. Apoio á inxesta: cubertos, pratos e vasos especiais
4.3. Pautas según o estado do usuario
4.4. Posturas do usuario que facilitan a inxesta
5. Técnicas de recollida de eliminacións
6. Pevención de riscos na alimentación e a recollida de eliminacións

Total
50 €