Centros de traballo: 981 522 426

Formación: 981 534 020

Páxina de Twitter
Páxina de Facebook

Hixiene e manipulación de alimentos

FESAN > Cursos > Seguridade e saúde > Hixiene e manipulación de alimentos
Cursos

Hixiene e manipulación de alimentos

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 5 horas
  • Tipo de curso: Especialización
  • O obxectivo deste curso é o de proporcionar ao alumno información clara e de fácil comprensión que permita que manipulen alimentos, afrontar a manipulación de alimentos coas máximas garantías hixiénicas, evitando e minimizando riscos derivados de malas prácticas.
Modalidade
  • Curso On Line
  • Curso presencial
Duración
  • On Line: 5 horas
  • Presencial: 3 horas
Modalidade
  • Curso presencial

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, data de inicio e horario do curso.

O día do inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimento das sesións presenciais e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas e de avaliación.

Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portátil como elementos de apoio das exposicións.

  • Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.

A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.. Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
  • Curso presencial
    • Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo da formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.
  • Curso On Line
    • Para que o alumno acade a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
    • O diploma poderá recollerse nas instalación de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse ao enderezo indicado polo alumno.
Contacto
  • Contacto co titor:

E-mail: tutoriasonline@fesan.org

E-mail: info@fesan.org

Teléfono: 981 534020

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
O curso de manipulador de alimentos pretende formar na minimización de riscos e hixiene a todos aqueles en cuxas profesións teñan un contacto directo con alimentos: monitores de tempo libre, monitores de comedor, auxiliares de enfermería, educadores infantis, etc.
Contidos
  • TEMA 1. Os alimentos. Alimentación. Nutrición. A Cadea alimentaria.
  • TEMA 2. A alteración dos alimentos.
  • TEMA 3. Métodos de conservación dos alimentos.
  • TEMA 4. Hixiene e manipulación de alimentos.
  • TEMA 5. A calidade nunha empresa alimentaria. Seguridade alimentaria. Sistemas de control.
Total
  • On line: 20€
  • Presencial: 30€
Descontos
  • Formación bonificable gratuíta para traballadores
Volver arriba