Cursos

Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 150 horas
  • Tipo de curso: Especialización

O obxectivo deste curso é o de proporcionar ao alumno/a as ferramentas conceptuais e metodolóxicas necesarias para a impartición do módulo transversal de igualdade de oportunidades.

Modalidade
Online

Duración
150 horas

Modalidade

• Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están á súa disposición. Ademáis deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a evaluación do curso.
• O diploma poderá recollerse na instalación de FESAN, nun plazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

Tema 1. Marco conceptual
Tema 2. Ámbito normativo
Tema 3. A identidade de xénero
Tema 4. A violencia de xénero
Tema 5. Evolución histórica da muller
Tema 6: O home na problemática da desigualdade de xénero
Tema 7: A muller na sociedade actual

Formación esixida para a impartición do módulo transversal de igualdade de oportunidades (orde do 23 de decembro do 2013)

Total
195 €