Centros de traballo: 981 522 426

Formación: 981 534 020

Páxina de Twitter
Páxina de Facebook

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

FESAN > Certificados de profesionalidade > Servizos socioculturais > Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Cursos

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

  • Modalidade: Presencial/Teleformación
  • Duración: 450 horas
  • Tipo de curso: Certificado de profesionalidade (SSCS0208)
  • Con este curso o alumno poderá desenvolver a súa actividade profesional no sector da prestación de servizos sociais a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente en institucións de carácter social.
Modalidade
  • Curso presencial
  • Curso de teleformación (pendente de homologacion SEPE)
Duración
  • 450 horas (370 teóricas + 80 prácticas)
Homologación
  • Curso homologado pola Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar e válido en todo o territorio Nacional.
Requisitos de acceso
  • Graduado en Educación secundaria obrigatoria (ESO)(LOXSE e LOE)
  • 2º de BUP ou cun máximo de dúas materias pendentes entre os dous cursos.
  • Ciclo Formativo de grao medio
  • FP 1
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 anos
  • Probas de competencias clave nivel 2
  • Certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional
Modalidade
  • Curso presencial

Existe un cronograma para o curso onde se establece a planificación dos módulos teórico /prácticos, así como o módulo de prácticas en empresas.

Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe combínanse explicacións teóricas con casos prácticos, traballos en equipos, exposicións e outros métodos de traballo en aula, ademais das avaliacións pertinentes, en base ao establecido no programa oficial publicado. (RD 1096/2011 de xullo de 2011).

Cada alumno/a debe realizar un exame por unidade formativa ou módulo formativo (aqueles que non teñan unidades formativas). Debese de superar cada un dos módulos formativos para poder supera o curso completo e poder solicita o certificado de profesionalidade.

Para superar con éxito o curso de certificado de profesionalidade será necesario asistir como mínimo ao 75 % das horas lectivas de cada módulo e superar con éxito todas as avaliacións teóricas e prácticas efectuadas ao longo da acción formativa. Aqueles alumnos/as que teñen superado unicamente parte dos módulos formativos terán unha acreditación da Consellería de Traballo e Benestar que lle acredite os módulos superados, pero deben cursar de novo os módulos pendentes antes de solicitar o certificado de profesionalidade.

Diploma
  • Unha vez rematada a acción formativa e superados con éxito todos os módulos do certificado de profesionalidade, solicitaranse a Consellería de Traballo e Benestar as acreditacións da acción formativa para que cada alumno/a poida proceder a solicitude do certificado de profesionalidade.
Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
  • Coa realización deste curso o alumno estará capacitado para atender a persoas dependentes, no ámbito sociosanitario, na institución onde se desenvolve a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.
Contidos
  • MF1016_2 Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional. (100 h.)
  • MF1017_2 Intervención na atención hixiénica/alimentaria en institucións. (70 h.)
  • MF1018_2 Intervención na atención sociosanitaria en institucións (70 h.)
  • MF1019_2 Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións. 130 h.)
  • MP0029: Módulo de prácticas profesionales no laborais. (80 h.)

(Cada módulo pode realizarse de forma independente. Consúltao en Formación Modular.)

  • Cosulta próximas convocatorias
Total
  • A consultar
Volver arriba