Centros de traballo: 981 522 426

Formación: 981 534 020

Páxina de Twitter
Páxina de Facebook

Docencia da formación profesional para o emprego

FESAN > Certificados de profesionalidade > Servizos socioculturais > Docencia da formación profesional para o emprego
Cursos

Docencia da formación profesional para o emprego

  • Modalidade: Presencial/Teleformación
  • Duración: 380 horas
  • Tipo de curso: Certificado de profesionalidade (SSCE0110)
  • Con este curso o alumno poderá desenvolver a súa actividade profesional no ámbito público ou privado, en centros ou entidades que impartan formación profesional para o emprego, tanto para traballadores en activo, en situación de desemprego, como para colectivos especiais. O seu desempeño profesional lévao a cabo en empresas, organizacións e entidades, de carácter público ou privado, que impartan formación por conta propio ou allea.
Modalidade
  • Curso presencial
  • Curso de teleformación (Acreditado polo SEPE, co registro Nº 8000000848)
Duración
  • 380 horas
Homologación
  • Curso homologado pola Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e válido en todo o territorio nacional.
Requisitos de acceso
  • Título de bacharelato (LOXSE, LOE)
  • Título de COU
  • Ciclo formativo de grao superior
  • FP 2
  • Probas de competencias clave para nivel 3
  • Probas de acceso a ciclos Formativos de Grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 anos
  • Certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional
Modalidade
  • Curso presencial

Existe un cronograma para o curso onde se establece a planificación dos módulos teórico /prácticos, así como o módulo de prácticas en empresas.

Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe combínanse explicacións teóricas con casos prácticos, traballos en equipos, exposicións e outros métodos de traballo en aula, ademais das avaliacións pertinentes, en base ao establecido no programa oficial publicado. (RD 1096/2011 de xullo de 2011).

Cada alumno/a debe realizar un exame por unidade formativa ou módulo formativo (aqueles que non teñan unidades formativas). Debese de superar cada un dos módulos formativos para poder supera o curso completo e poder solicita o certificado de profesionalidade.

Para superar con éxito o curso de certificado de profesionalidade será necesario asistir como mínimo ao 75 % das horas lectivas de cada módulo e superar con éxito todas as avaliacións teóricas e prácticas efectuadas ao longo da acción formativa. Aqueles alumnos/as que teñen superado unicamente parte dos módulos formativos terán unha acreditación da Consellería de Traballo e Benestar que lle acredite os módulos superados, pero deben cursar de novo os módulos pendentes antes de solicitar o certificado de profesionalidade.

Diploma
  • Unha vez rematada a acción formativa e superados con éxito todos os módulos do certificado de profesionalidade, solicitaranse a Consellería de Traballo e Benestar as acreditacións da acción formativa para que cada alumno/a poida proceder a solicitude do certificado de profesionalidade.
Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
  • Coa realización deste curso o alumno estará capacitado para programar, impartir, titorizar e avaliar accións formativas do subsistema de formación profesional para o emprego, elaborando e empregando materiais, medios e recursos didácticos, orientándoos sobre os itinerarios formativos e saídas profesionais que ofrece o mercado laboral na súa especialidade, promovendo de forma permanente a calidade da formación e a actualización didáctica.
Contidos
  • MF1442_3 Programación didáctica de accións formativas para o emprego
  • MF1443_3 Selección, elaboración, adaptación e emprego de materiais, medios e recursos didácticos en formación profesional para o emprego
  • MF1444_3 Impartición e titorización de accións formativas para o emprego.
  • MF1445_3 Avaliación do proceso de ensinanza- aprendizaxe en formación profesional para o emprego
  • MF1446_3 Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego
(Cada módulo pode realizarse de forma independente. Consúltao en Formación Modular)
  • Cada módulo deste curso pode realizarse de forma independente. Consúltao en Formación Modular.
  • Consulta próximas convocatorias.
Total
  • A consultar
Volver arriba