Centros de traballo: 981 522 426

Formación: 981 534 020

Páxina de Twitter
Páxina de Facebook

Monitores/as de tempo libre

FESAN > Cursos > Escola de tempo libre > Monitores/as de tempo libre
Cursos

Monitores/as de tempo libre

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 350 horas
  • Tipo de curso: Capacitación Profesional
  • O obxectivo deste curso e o de formar os alumnos para realizar actividades socioculturais e recreativas, de especial interés para a infancia e xuventude, tanto no medio urbano como na natureza.
Modalidade
  • Curso presencial
Duración
  • 350 horas (200h teóricas e 150h prácticas)
Homologación
  • Homologado pola Conselleria de Traballo e Benestar. Xunta de Galícia
Requisitos
  • Estar en posesión polo menos dalgún dos seguintes títulos:
    • Graduado en Educación Secundaria, Graduado escolar ou equivalente.
    • Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
  • Ser maior de 18 anos de idade.
Modalidade
  • Curso presencial

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, a data de inicio e horario do curso.

O día do inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimiento das sesións presencias e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas e de avaliación.

Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portáctil como elementos de apoio das exposicións.

Diploma
  • Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo da formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.
Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
  • O título de monitor/a de tempo libre capacita o alumno para deseñar, programar, por en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e socioculturais orientadas para a atención tanto da infancia, da xuventude, como das persoas maiores ou con necesidades especiais.
  • Un monitor/a de tempo libre pode traballar en:
    • Centros socioculturais.
    • Asociacións xuvenís.
    • Campamentos de verán ou urbanos.
    • En colexios e en actividades extraescolares.
    • En escolas infantís, garderías ou puntos de atención á infancia.
    • En empresas de lecer e tempo libre, de animación ou turísticas.
Contidos
  • Área de Psicoloxía: 30 horas
  • Área de Educación Ambiental: 30 horas
  • Área de Expresión Plástica: 20 horas
  • Área de Animación: 60 horas.
  • Área de Educación para a saúde: 30 horas.
  • Área de Organización e Programación: 20 horas.
Grupo mínimo
  • Este curso necesita para a súa realización un grupo mínimo de 15 alumnos/as e un máximo de 25 alumnos/as.
Total
  • 250€
Financiación
  • Posibilidade de pagamento francionado en dous prazos:
    1. Coa formalización da matrícula: 125€
    2. Antes de finalizar a formación teórica: 125€
Volver arriba