Cursos

Economía Circular

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 20 horas
  • Tipo de curso: Monográfico de administración e empresa

Introducir e sensibilizar no ámbito da economía circular, especialmente en determinados sectores (comercio, limpeza, etc.). Coñecer os principios nos que se basea a economía circular, identificar os actores implicados e a súa capacidade de actuación.
Obter os coñecementos necesarios para poder achegarse á economía circular.

Modalidade
Curso Online

Duración
20 horas

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

TEMA 1: A Economía Circular: concepto
TEMA 2: A economía circular no ámbito doméstico: as 3R: reducir, reutilizar e reciclar
TEMA 3: Vantaxes e beneficios na aplicación dunha estratexia de Economía Circular. A creación de valor na empresa
TEMA 4. Ferramentas de circularidade sostible
4.1. Análise do Ciclo de Vida e Ecodeseño de produtos e servizos 58
4.2. Subministros sostibles 64
4.3. Declaracións ambientais de produtos 67
4.4. Avaliación de residuos: cara ao Residuo Cero 72
4.5. Os residuos como subproduto. O mercado de materias primas secundarias
TEMA 5: Medidas promovidas pola UE

Total
26 €