Cursos

Manipulador de alimentos (FCOM01)

  • Modalidade: Online
  • Duración: 10 horas
  • Tipo de curso: Monográficos

Obxectivos

  • Coñecer as normas de hixiene persoal requiridas por un manipulador de alimentos.
  • Coñecer as causas e sabe previr a intoxicación alimentaria.
  • Fomentar actitudes correctas na hixiene alimentaria.
  • Saber realizar as operacións de limpeza con seguridade e hixiene
  • Coñecer os tipos de contaminantes e os perigos asociados a eles.
  • Identificar a normativa que lexisla a formación dos manipuladores de alimentos e a lei de Información Alimentaria (alérxenos)

Modalidade
Curso online

Duración
10 horas

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

UNIDADE 1. CLASIFICACIÓN DOS ALIMENTOS
UNIDADE 2. IDENTIFICACIÓN DAS FONTES DE CONTAMINACIÓN DOS ALIMENTOS
UNIDADE 3. RECOÑECEMENTO DOS FACTORES DE CRECEMENTO DOS MICROORGANISMOS NOS ALIMENTOS
UNIDADE 4. DISTINCIÓN DOS MÉTODOS DE CONSERVACIÓN DOS ALIMENTOS
UNIDADE 5. ADOPTCIÓN DE MEDIDAS DE LIMPEZ E HIXIENE NA MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS
UNIDADE 6. RECOÑECEMENTO DA NORMATIVA APLICABLE Á MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Total
35 €