Cursos

Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (FCOO03)

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 10 horas
  • Tipo de curso: Especialización

O obxectivo deste curso é coñecer as técnicas e recursos que facilitan a inserción laboral, así como a situación do mercado laboral, centrándose na concienciación ambiental e a igualdade de xénero.

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

Módulo 1: Inserción laboral. 6 horas
Módulo 2: Sensibilización medioambiental. 2 horas
Módulo 3: Sensibilización na igualdade de xénero. 2 horas

Total
40 €