2000 horas
Descrición
A competencia xeral consiste en procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico – legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.
Contidos
Código | Módulo | Horas |
---|---|---|
MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 |
MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | 183 |
MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | 240 |
MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | 157 |
MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 183 |
MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
Total curso | 960 |
Código | Módulo | Horas |
---|---|---|
MO0002 | Módulo optativo | 90 |
MP1379 | Necropsias | 109 |
MP1380 | Procesamento citolóxico e tisular | 273 |
MP1381 | Citoloxía xinecolóxica | 219 |
MP1382 | Citoloxía xeral | 219 |
MP1383 | Proxecto intermodular de anatomía patolóxica e citodiagnóstico | 50 |
MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
Total curso | 1040 |
Exercer a actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación.
As ocupacións e os postos máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía
- Citotécnico
- Axudante de forense
- Prosector/ora de autopsias clínicas e médico – legais
- Tanatopractor/a
- Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular
- Colaborador/ora e asistente de investigación
Máis información
Decreto 83/2016 do 4 de maio