CS Radioterapia e Dosimetría

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición

A Competencia xeral deste ciclo consiste en: aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou productores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.

Contidos
  • Atención ao paciente
  • Anatomía pola imaxe
  • Fundamentos físicos e equipamentos
  • Protección Radiolóxica
  • Formación e Orientación Laboral
  • Dosimetría física e clínica
  • Simulación do tratamento
  • Tratamentos con braquiterapia
  • Tratamentos con teleterapia
  • Empresa e iniciativa emprendedora
  • Proxecto de Radioterapia e dosimetría
  • Formación en centros de traballo

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en radioterapia
  • Técnico/a especialista en radioterapia
  • Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica
  • Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica
  • Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular
  • Colaborador/ora e asistente de investigación
  • Para a reserva da praza abonaranse 150€
Máis información

Decreto 79/2016, do 4 de maio.