CS Educación Infantil

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas
Obxectivos
  • A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil. Este deseño realízase no ámbito formal, consonante á proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra, coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Contidos
CódigoMóduloHoras
MP0011Didáctica da educación infantil240
MP0013O xogo infantil e a súa metodoloxía157
MP0014Expresión e comunicación183
MP0015Desenvolvemento cognitivo e motor183
MP0179Inglés profesional (GS)60
MP1708Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo30
MP1709Itinerario persoal para a empregabilidade I107
Total curso960
CódigoMóduloHoras
MO0002Módulo optativo90
MP0012Autonomía persoal e saúde infantil219
MP0016Desenvolvemento socioafectivo191
MP0017Habilidades sociais164
MP0018Intervención con familias e atención a menores en risco social164
MP0019Proxecto intermodular de atención á infancia50
MP0020Primeiros auxilios82
MP1665Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GM)30
MP1710Itinerario persoal para a empregabilidade II50
Total curso1040
  • Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
  • As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.

Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais.

Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

Máis información