CS Imaxe para o Diagnóstico e Mediciña Nuclear

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1616 horas no centro educativo e 384 horas en centros de traballo)
Obxectivos
  • A competencia xeral atende a obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico pola imaxe e de mediciña nuclear, e asistindo a/ao paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.
Contidos
  • Atención ao paciente
  • Fundamentos físicos e equipamentos
  • Protección radiolóxica
  • Formación e orientación laboral
  • Técnicas de radioloxía simple
  • Técnicas de radioloxía especial
  • Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía
  • Técnicas de imaxe por resonancia magnética
  • Técnicas de imaxe en mediciña nuclear
  • Técnicas de radiofarmacia
  • Empresa e iniciativa emprendedora
  • Proxecto de Imaxe para o diagnóstico e mediciña nuclear
  • Formación en centros de traballo
Este ciclo capacita para:

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de mediciña nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico – forenses ou de mediciña legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a especialista en radiodiagnóstico
  • Técnico/a especialista en mediciña nuclear
  • Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica
  • Persoal técnico en protección radiolóxica
  • Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación
  • Delegado/a comercial de produtos.
  • Para a reserva da praza abonaranse 150€
Máis información