- 2000 horas
Descrición
A Competencia xeral deste ciclo consiste en: aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou productores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.
Contidos
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 |
| MP1345 | Atención ao/á paciente | 160 |
| MP1346 | Fundamentos físicos e equipamentos | 211 |
| MP1347 | Anatomía pola imaxe | 232 |
| MP1348 | Protección radiolóxica | 160 |
| MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| Total curso | 960 | |
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MO0002 | Módulo optativo | 90 |
| MP1359 | Simulación do tratamento | 137 |
| MP1360 | Dosimetría física e clínica | 191 |
| MP1361 | Tratamentos con teleterapia | 301 |
| MP1362 | Tratamentos con braquiterapia | 191 |
| MP1363 | Proxecto intermodular de radioterapia e dosimetría | 50 |
| MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
| MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| Total curso | 1040 | |
Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en radioterapia
- Técnico/a especialista en radioterapia
- Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica
- Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica
- Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular
- Colaborador/ora e asistente de investigación
Máis información
Decreto 79/2016, do 4 de maio.



