- 2000 horas
Descrición
- A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitario.
Contidos
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 |
| MP0649 | Ofimática e proceso da información | 237 |
| MP1516 | Terminoloxía clínica e patoloxía | 181 |
| MP1517 | Extracción de diagnósticos e procedementos | 135 |
| MP1518 | Arquivamento e documentación sanitarios | 103 |
| MP1521 | Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias | 107 |
| MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| Total curso | 960 | |
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MO0002 | Módulo optativo | 90 |
| MP1515 | Xestión de pacientes | 82 |
| MP1519 | Sistemas de información e clasificación sanitarios | 109 |
| MP1520 | Codificación sanitaria | 301 |
| MP1522 | Validación e explotación de datos | 164 |
| MP1523 | Xestión administrativa sanitaria | 164 |
| MP1524 | Proxecto intermodular de documentación e administración sanitarias | 50 |
| MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
| MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| Total curso | 1040 | |
Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria.
- Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas.
- Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario.
- Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria.
- Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.
- Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos.
- Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios.
- Asistente de equipos de investigación biomédica.
- Secretario/a de servizos sanitarios.
Máis información
- DECRETO 96/2016, do 19 de maio



