- 600 horas
Descrición
- A Competencia xeral deste curso de especialización consiste en: Obter, procesar e preservar cultivos celulares e tisulares, para serviren como apoio ao diagnóstico, aos ensaios terapéuticos, á procura de medicamentos, á creación e ao mantemento de bancos celulares, á investigación e a outros campos de interese, mantendo as instalacións e os equipamentos involucrados nos procesos e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos e protección ambiental.
Contidos
Código | Módulo | Horas |
---|---|---|
MP5001 | Cultivos celulares | 166 |
MP5002 | Técnicas complementarias en cultivos celulares | 166 |
MP5003 | Normas de calidade e regulación aplicables a cultivos celulares | 68 |
MP5004 | Laboratorio de cultivos celulares | 85 |
MP5005 | Aplicacións de cultivos celulares | 115 |
Total curso | 600 |
Exercer a súa actividade profesional en Empresas ou laboratorios de sectores nos que cumpra realizar cultivos celulares. O sector do laboratorio biomédico e biotecnolóxico é o que actualmente desenvolve estas técnicas, así como as industrias biofarmacéuticas dedicadas á obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naquelas outras que, malia non telo como a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxica sobre algúns produtos e procesos.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Experto/a en cultivos celulares
Máis información
- Real Decreto 93/2019, do 1 de marzo