- 2000 horas
Descrición
A competencia xeral de este título consiste en asistir na dispensación e na elaboración de produtos famarcéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Contidos
Código | Módulo | Horas |
---|---|---|
MP0061 | Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 |
MP0099 | Disposición e venda de produtos | 78 |
MP0101 | Dispensación de produtos farmacéuticos | 213 |
MP0103 | Operacións básicas de laboratorio | 208 |
MP0104 | Formulación maxistral | 157 |
MP0156 | Inglés profesional (GM) | 60 |
MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
Total curso | 960 |
Código | Módulo | Horas |
---|---|---|
MO0001 | Módulo optativo | 90 |
MP0020 | Primeiros auxilios | 82 |
MP0100 | Oficina de farmacia | 219 |
MP0102 | Microbioloxía clínica | 328 |
MP0105 | Dispensación de produtos parafarmacéuticos | 191 |
MP1375 | Promoción da saúde | 30 |
MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GM) | 30 |
MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
MP1713 | Proxecto intermodular (GM) | 50 |
Total curso | 1040 |
Exercer a súa actividade en establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, productos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos famacéuticos e afíns.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a en farmacia
- Técnico/a auxiliar de famacia
- Técnico/a de almacén de medicamentos
- Técnico/a en famacia hospitalaria
- Técnico/a en establecementos de parafarmacia
Máis información
Decreto 40/2010, do 4 de marzo