CS Documentación e Administración Sanitarias

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas
Descrición
  • A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitario.
Contidos
CódigoMóduloHoras
MP0179Inglés profesional (GS)60
MP0649Ofimática e proceso da información237
MP1516Terminoloxía clínica e patoloxía181
MP1517Extracción de diagnósticos e procedementos135
MP1518Arquivamento e documentación sanitarios103
MP1521Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias107
MP1708Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo30
MP1709Itinerario persoal para a empregabilidade I107
Total curso960
CódigoMóduloHoras
MO0002Módulo optativo90
MP1515Xestión de pacientes82
MP1519Sistemas de información e clasificación sanitarios109
MP1520Codificación sanitaria301
MP1522Validación e explotación de datos164
MP1523Xestión administrativa sanitaria164
MP1524Proxecto intermodular de documentación e administración sanitarias50
MP1665Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS)30
MP1710Itinerario persoal para a empregabilidade II50
Total curso1040

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria.
  • Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas.
  • Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario.
  • Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria.
  • Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.
  • Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos.
  • Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios.
  • Asistente de equipos de investigación biomédica.
  • Secretario/a de servizos sanitarios.
Máis información
  • DECRETO 96/2016, do 19 de maio