CS Imaxe para o Diagnóstico e Mediciña Nuclear

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior

2000 horas

Descrición

A Competencia xeral deste ciclo consiste en: obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo a/o paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.

Contidos
Código Módulo Horas
MP0179 Inglés profesional (GS) 60
MP1345 Atención ao/á paciente 160
MP1346 Fundamentos físicos e equipamentos 211
MP1347 Anatomía pola imaxe 232
MP1348 Protección radiolóxica 160
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107
Total curso 960
Código Módulo Horas
MO0002 Módulo optativo 90
MP1349 Técnicas de radioloxía simple 164
MP1350 Técnicas de radioloxía especial 109
MP1351 Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía 137
MP1352 Técnicas de imaxe por resonancia magnética 164
MP1353 Técnicas de imaxe en medicina nuclear 137
MP1354 Técnicas de radiofarmacia 109
MP1355 Proxecto intermodular de imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear 50
MP1665 Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) 30
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50
Total curso 1040

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico – forenses ou de medicina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a especialista en radiodiagnóstico
  • Técnico/a especialista en medicina nuclear
  • Persoal técnico en equipamentos de radiolectroloxía médica
  • Persoal técnico en protección radiolóxica
  • Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación
  • Delegado/a comercial de produtos
Máis información

Decreto 75/2016 do 28 de abril