2000 horas
Descrición
A competencia xeral deste ciclo atende a: Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
Contidos
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 |
| MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | 183 |
| MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | 240 |
| MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | 157 |
| MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 183 |
| MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| Total curso | 960 | |
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MO0002 | Módulo optativo | 90 |
| MP1371 | Análise bioquímica | 246 |
| MP1372 | Técnicas de inmunodiagnóstico | 109 |
| MP1373 | Microbioloxía clínica | 219 |
| MP1374 | Técnicas de análise hematolóxica | 246 |
| MP1375 | Proxecto intermodular de laboratorio clínico e biomédico | 50 |
| MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
| MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| Total curso | 1040 | |
Exercer a actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación.
As ocupacións e os postos máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a especialista en laboratorio
- Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación
- Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía
- Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos
Máis información
Decreto 77/2016 do 28 de abril



