CS Laboratorio Clínico e Biomédico

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1620 horas no centro educativo e 380 horas en centros de traballo)
Descrición
  • A competencia xeral atende a: Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas humanas: interpretar e valorar os resultados técnicos, ben para serviren como soporte ao diagnóstico clínico ou ben orientados á investigación, consonte normas de calidade, seguridade e ambientais; Organizar e administrar as áreas asignadas no correspondente laboratorio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión correspondente.
Contidos
  • Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico
  • Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas
  • Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas
  • Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas
  • Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas
  • Formación e orientación laboral
  • Proxecto integrado
  • Formación en centros de traballo
Este ciclo capacita para:
  • Atención primaria e comunitaria: laboratorios de diagnóstico clínico de centros de saúde.
  • Centros hospitalarios: servizos de microbioloxía, hematoloxía e hemoterapia, bioquímica, inmunoloxía, farmacia hospitalaria e laboratorios dos servizos de medicina e ciruxía experimental.
  • Laboratorios extrahospitalarios: de apoio ao diagnóstico clínico, de seguimento e control de alteracións analíticas e de análises preventivas en medicina de empresa.
  • Industria: en laboratorios de industria alimentaria, farmacéutica, cosmética e outras industrias ou entidades con laboratorios de investigación.
  • Outros: laboratorios de institutos anatómico-forenses, institutos de toxicoloxía, centros de experimentación animal e delegacións comerciais de productos hospitalarios e farmacéuticos.
  • Para a reserva da praza aboaranse 150€
Máis información