- 2000 horas
Descrición
- A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólogo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
Contidos
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 |
| MP0730 | Recepción e loxística na clínica dental | 80 |
| MP0731 | Estudo da cavidade oral | 183 |
| MP0732 | Exploración da cavidade oral | 104 |
| MP0733 | Intervención bucodental | 213 |
| MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 183 |
| MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| Total curso | 960 | |
| Código | Módulo | Horas |
|---|---|---|
| MO0002 | Módulo optativo | 90 |
| MP0020 | Primeiros auxilios | 82 |
| MP0734 | Epidemioloxía en saúde oral | 137 |
| MP0735 | Educación para a saúde oral | 137 |
| MP0736 | Conservadora, periodoncia, ciruxía e implantes | 245 |
| MP0737 | Prótese e ortodoncia | 219 |
| MP0738 | Proxecto intermodular de hixiene bucodental | 50 |
| MP1665 | Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
| MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| Total curso | 1040 | |
Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en hixiene bucodental.
- Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental.
- Educador/ora en saúde bucodental.
Máis información
- DECRETO 86/2016, do 4 de maio



