CS Hixiene Bucodental

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas
Descrición
  • A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólogo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
Contidos
CódigoMóduloHoras
MP0179Inglés profesional (GS)60
MP0730Recepción e loxística na clínica dental80
MP0731Estudo da cavidade oral183
MP0732Exploración da cavidade oral104
MP0733Intervención bucodental213
MP1370Fisiopatoloxía xeral 183
MP1708Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo30
MP1709Itinerario persoal para a empregabilidade I107
Total curso960
CódigoMóduloHoras
MO0002Módulo optativo90
MP0020Primeiros auxilios82
MP0734Epidemioloxía en saúde oral137
MP0735Educación para a saúde oral137
MP0736Conservadora, periodoncia, ciruxía e implantes245
MP0737Prótese e ortodoncia219
MP0738Proxecto intermodular de hixiene bucodental50
MP1665Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS)30
MP1710Itinerario persoal para a empregabilidade II50
Total curso1040

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en hixiene bucodental.
  • Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental.
  • Educador/ora en saúde bucodental.
Máis información
  • DECRETO 86/2016, do 4 de maio